Pechadas xa as inscripcións e acadados os 339 participantes nas tres probas lembrámosvos:

 

1. A retirada de dorsais só se poderá facer de forma individual por cada participante, presentando documento acreditativo (dni, carnet de conducir ou pasaporte).

.
2. Os corredores participantes na Copa Galega deberán presentar a licencia a retirada do dorsal quedando esta en custodia da organización ata o remate da proba (non exime do indicado no punto 1, é preciso presentar os dous documentos).

.
3. A retirada de dorsais só se poderá facer na Praia fluvial do Puzo do Boi dentro dos seguintes horarios:

.
.     Sábado día 2 a partir das 17:00 ata as 22:00

.
   Domingo día 3 de 7:15 a 8:30

.
(Recoméndase que, na medida do posible, a retirada se faga o sábado día 2.)

.
4. O sábado dia 2 as 20:00 nas instalacións da praia fluvial terá lugar a charla técnica a que se recomenda a súa asistencia.

.
5. Nos avituallamentos non se disporá de vasos, polo que é obriga do participante levar recipiente para hidratarse.

.
6. Tendo en contan as previsións meteorolóxicas para o domingo día 3 recoméndase a todos os participantes, especialmente a os do Trail longo que leven prenda cortaventos para o recorrido.

.

.

Se queres participar na organización do Trail de Vilatuxe 2018 como voluntario escríbenos a: gtrtrail@gmail.com

 

A organización do Trail de Vilatuxe desexa a corredores e afeccionados que desfruten dunha xornada festiva para o deporte de montaña.

Este ano Trail longo será a terceira proba puntuabel para a Copa Galega de Carreiras por Montaña, a vez que o Trail curto será Campionato Galego Júnior da modalidade.