INFORMACIÓN

.

SAÍDA e META

 

O punto de SAÍDA e META do Trail de Vilatuxe 2019 é a praia fluvial do Pozo do Boi, en Vilatuxe (Lalín):   

(N 42º 36’ 51’’ W 08º 11’ 31’’)

 

 

Disporase de servicio de BAR no que se servirán almorzos quentes e todo tipo de bebidas, duchas e aparcadoiro.

CATEGORÍAS

PEQUETRAIL para os mais pequenos, no que poderán participar rapaces de entre 2 e 14 anos divido nas seguintes categorías:

  • esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,

  • corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m

  • xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.

O Pequetrail:

Este ano teremos a novidade do TRAIL PROMO sobre unha distancia de 12,5 km, este incluirá a categoría cadete para participantes de entre 15 e 17 anos.

Este celebrarase a partir das 16:00 e precisarase un mínimo de 5 inscritos en cada categorías para que se celebre a carreira, para o que os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de reparto de dorsáis. Na zoana de saída e meta. A organización dará premios para todos os participantes.

Para as Probas de TRAIL CURTO e ANDAINA LONGA poderán participar as persoas que o desexen con un mínimo de idade de 18 anos.

Para os participantes do TRAIL LONGO a idade mínima será de 21 anos.

Para estas todas as haberá un máximo de 600 participantes.

-Categorías Masculina e Feminina : Júnior e Sénior.

-Sub categorías Masculino e Feminina: Veterana A e B

Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.

-Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de referencia

-Sub categoría Veterana A: o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non cumpra os 51 anos o ano de referencia. o Femenina de 40 a 50 anos, é dicir que non cumpra os 51 anos o ano de referencia.

-Sub categoría Veterana B: o Masculina e feminina a partir dos 51 anos cumpridos no ano de referencia.

A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da competición.

PREMIOS

TROFEO ós tres primeiros senior da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina (Trail longo e curto).

TROFEO a os tres primeiros de cada categoría no Trail longo e os tres primeiros da categoría Junior no Trail curto.

TROFEO a os tres primeiros da xeral no Trail promo 12 K e os tres primeiros da categoría cadete.

PREMIO ESPECIAL para o ascenso mais rápido ao monte Coco cronometrado por chip.

PREMIO ESPECIAL de lanzamento para o primeiro home e a primeira muller en chegar o km 3 e que remate a carreira no tempo establecido pola organización.

Os trofeos non serán acumulativos, os premios especias serán acumulativos cos trofeos pero non entre si (poderase gañar premio especial mais trofeo, pero non dous premios especiais).

SORTEO entre os participantes dos diferentes regalos que a organización poida conseguir.

Existirá unha clasificación paralela segundo o regulamento da Federación Galega de Montaña como carreira do Campionato Galego Individual.