TRAIL CURTO

.

A proba do Trail Curto terá un percorrido de 17,5 km e 850 m de desnivel +

 

SAÍDA: será as 10:00 horas do 09/06/2019 dende o Pozo do Boi en Vilatuxe (Lalín)

 

RETIRADA DE DORSAIS: para todas as probas poderanse retirar o día anterior sábado 8, a partir das 16:00 no Puzo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe), do mesmo xeito tamén se poderán retirar o mesmo día na zona de saída e meta entre as 7:00 e as 8:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, non podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario. Para os corredores participantes na Copa Galega, será obrigatorio presentar a licenza federativa, que quedara en custodia da organización ata o remate da proba.

 

PARTICIPANTES: Poderán participar as persoas que o desexen con un mínimo de idade de  18 anos, ata un máximo de 200 participantes.

 

SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.

O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.

Permítese recibir axuda externa ao corredor, tal como bastóns, xeles, auga …

Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o regulamento, non complete a totalidade do percorrido, salte un control de paso, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.

 

AVITUALLAMENTOS: Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos, incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte modo:

AV1 – Bustelos – Sólido e líquido

AV2 – Moa – Sólido e líquido

AV3 – Meta – Sólido e líquido

 

Nos avituallamentos non se disporá de vasos, por o que será obriga do corredor levar recipiente para hidratarse.

XANTAR: A parte do avituallamento de meta haberá un bo xantar de confraternidade no Pozo do Boi (zona de meta) con música e parranda de animación. Os participantes de tódalas probas terán dereito ao xantar de forma gratuíta para o que se lle facilitará un ticket na bolsa do corredor que se entregará co dorsal. Poderase inscribir a cantos acompañantes se desexe para o xantar, previo pago, a través da plataforma de inscrición de Champion Chip, dun complemento de 3 € por acompañante. Os tickets para o xantar dos acompañantes entregaranse ca bolsa do corredor de quen os teñan solicitado.

 

Na zona de Saída a organización terá un servicio de BAR no que se servirán almorzos quentes e todo tipo de bebidas.

 

DUCHAS: na mesma zona de meta e a maiores a organización porá a disposición dos corredores as duchas do colexio público de Vilatuxe, a 1 km da saída (N 42º 36’ 51’’ W 08º 11’ 31’’)

APARCADOIRO: Habilitarase zona para estacionamento de auto caravanas e vehículos ao carón da zona de meta.