TRAIL PROMO

Terá un percorrido 12,5 km e 650 m de desnivel+.

  • SAÍDA: será as 10:00 horas do 07/06 dende o Pozo do Boi en Vilatuxe (Lalín).

 

  • RETIRADA DE DORSAIS: para todas as probas poderanse retirar o día anterior sábado 6, a partir das 18:00 na Praza da Igrexa de Lalín, do mesmo xeito tamén se poderán retirar o mesmo día na zona de saída e meta entre as 8:30 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, non podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario.

  • PARTICIPANTES: Poderán participar as persoas que o desexen con un mínimo de idade de  15 anos, ata un máximo de 100 participantes.

  • INSCRICIÓNS: Será a través da páxina championchipnorte.com Haberá un único prazo de inscrición para as catro probas con un desconto para os federados. A prazo de inscricións será do día 17 de febreiro ata o día 3 de xuño as 23:59 h.

Non federados………………..15 €

Federados………………………12 €

  • SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.

  • AVITUALLAMENTOS: Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos, incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte modo:

    • AV2 – Moa – Sólido e líquido (Todos)

    • AV3 – Meta – Sólido e líquido (Todos)

Nos avituallamentos non se disporá de vasos, por o que será obriga do corredor levar recipiente para hidratarse.

  • XANTAR: A parte do avituallamento de meta haberá un bo xantar de confraternidade no Pozo do Boi (zona de meta) con música e parranda de animación. Os participantes de tódalas probas terán dereito ao xantar de forma gratuíta para o que se lle facilitará un ticket na bolsa do corredor que se entregará co dorsal. Poderase inscribir a cantos acompañantes se desexe para o xantar, previo pago, a través da plataforma de inscrición de Champion Chip, dun complemento de 5 € por acompañante. Os tickets para o xantar dos acompañantes entregaranse ca bolsa do corredor de quen os teñan solicitado.

  • Na zona de Saída a organización terá un servicio de BAR no que se servirán almorzos quentes e todo tipo de bebidas.

  • DUCHAS: na mesma zona de meta e a maiores a organización porá a disposición dos corredores as duchas do colexio público de Vilatuxe, a 1 km da saída (N 42º 36’ 51’’ W 08º 11’ 31’’)

  • APARCADOIRO: Habilitarase zona para estacionamento de auto caravanas e vehículos ao carón da zona de meta.